InicioSociedadeGuitiriz, Lourenzá e A Pobra do Brollón seguen en nivel alto de...

Guitiriz, Lourenzá e A Pobra do Brollón seguen en nivel alto de restricións

A Xunta abre a área de Pontevedra, pero mantén pechadas as áras da Coruña e Pontevedra.

PUBLICADA O

O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión deste martes, abrir o peche da Área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.
Pola súa banda, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás. Isto implica que só se poden mover entre eles se son da mesma área sanitaria.
Por outra banda, o concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo, o que implica as restricións máximas, é dicir, sen mobilidade agás para traballo ou asuntos esenciais. O resto dos concellos galego quedan en nivel medio. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo.
+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...