InicioSociedadeA Xunta crea unha área de rehabilitación integral en Castro de Rei

A Xunta crea unha área de rehabilitación integral en Castro de Rei

Os propietarios dos inmobles incluídos neste ámbito poderán acceder a axudas de ata 24.000 euros por vivenda para a rehabilitación da mesma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia aprobou este xoves no Consello a declaración dunha área de rehabilitación integral (ARI) en Castro de Rei, de modo que se dotará dunha especial protección a doce rúas e lugares do concello que suman 13 hectáreas.

Contar cunha área de rehabilitación supón que veciños e Concello poden beneficiarse das axudas recollidas neste programa, cuxa próxima convocatoria se publicará no mes de marzo cun orzamento de máis de 3,5 millóns de euros.

Neste caso, a ARI de Castro de Rei inclúe 88 inmobles (67 de carácter residencial). Deles, hai 55 que son susceptibles de ser renovadas ou rehabilitadas. Así pois, as persoas que sexan propietarias dalgún destes inmobles, e que desexen rehabilitalos, poderán acceder a incentivos de ata 24.000 euros por vivenda. Tamén o Concello poderá beneficiarse de axudas para actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI.

En concreto, o ámbito de rehabilitación comprende as seguintes rúas e lugares de Castro: Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, camiño de Circunvalación, Praza da Igrexa, Alcalde Emilio Sinde Niego, a Praza maior, Manuel Becerra e Bermúdez, Camiño de Samesugueiras e o lugar de Portomuiño.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...