InicioSociedadeContinúa a baixada de casos en Lugo, aínda cunha alta presión asistencial

Continúa a baixada de casos en Lugo, aínda cunha alta presión asistencial

O Sergas refire 1.641 positivos activos (80 menos ca onte) e 48 novos diagnósticos. O total de hospitalizacións diminúe, pero hai máis pacientes que precisan de coidados intensivos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantén a tendencia á baixa dos últimos días en canto aos casos activos. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunica un total de 1.641 pacientes con infección activa de coronavirus (80 menos ca onte) e os positivos detectados por PCR nas últimas 24 horas sitúanse nos 48.

Este mércores 10 de febreiro diminúe tamén a presión asistencial (de 98 a 94 pacientes), se ben as Unidades de Coidados Intensivos atenden hoxe máis persoas con Covid. En concreto, hai 66 pacientes en planta (37 no HULA, 8 na Mariña e 21 en Monforte) e outros 28 nas UCI (25 no HULA e 3 na Mariña).

A cifra de vítimas mortais da pandemia ascende ata as 184 tras comunicar o Sergas o falecemento dunha muller de 90 anos no Hospital Comarcal de Monforte. Así mesmo, os datos históricos revelan que se curaron 9.190 persoas e que se realizaron 170.988 PCR (1.248 delas onte).

GALICIA

A nivel galego, a presión hospitalaria segue en descenso tras baixar en 63 as persoas con Covid-19 ingresadas (en total, 1.215). Tamén os casos activos continúan reducíndose e están en 17.632, o que supón 820 menos. Por contra, os contaxios diarios e a taxa de positividade repuntan lixeiramente. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación e a FEGAMP alertan da “presión” da Xunta sobre os concellos coa nova lei local

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, recibiu este martes ao Presidente da...

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que...

O PPdeG sobre a reclamación do BNG á Xunta do memorando de Altri: “Estiran o chicle por interese”

O Grupo Popular tombou unha moción do BNG que reclamaba, entre outras cousas, instar...

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...