InicioSociedadeO alumnado 'STEMbach' de Lugo, unha canteira científica e tecnolóxica chea de...

O alumnado ‘STEMbach’ de Lugo, unha canteira científica e tecnolóxica chea de potencial

Dez estudantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes presentaron este martes os seus proxectos de investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Campus de Lugo (USC) avanza na súa intención de potenciar as competencias científicas e tecnolóxicas da mocidade a través do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach). Ao abeiro deste proxecto, dez estudantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes desenvolven traballos de I+D baixo a supervisión de docentes da EPS de Enxeñaría e das facultades de Veterinaria e Ciencias.

Dende a implantación do STEMbach no ano 2018, son cada vez máis os alumnos de primeiro curso de Bacharelato  que optan por cursar unha materia optativa adicional de varias horas semanais, durante as que reciben formación específica sobre investigación, busca de información, redacción de documentos científicos e técnicos. A idea é promover a vocación cara a estas ramas do coñecemento e favorecer a conexión co ensino universitario.

Estes contidos son impartidos polo profesorado de ensino medio, que tamén pode contar coa colaboración de docentes universitarios. Unha vez rematada esta primeira etapa do STEMbach, os estudantes, xa de forma individual ou agrupados en equipos, seleccionan un dos proxectos que se ofertan desde as universidades e cuxa investigación deben realizar durante o primeiro cuadrimestre do segundo curso de Bacharelato.

AS INVESTIGACIÓNS

Os dez alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participantes nesta convocatoria fixeron este martes a exposición pública das súas achegas científicas. Os traballos levaban por título: ‘Construción dunha mesa vibratoria 1D para análise do comportamento de estruturas civís‘; ‘Patróns matemáticos na natureza. Na procura de patróns’;  ‘Propagación de variedades galegas de arnica montana L. por cultivo in vitro‘; ‘PCRs e trazabilidade comercial de especies de salmónidos‘;  e ‘Concentración das proteínas nas leites e bebidas vexetais‘.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...