InicioSociedadeAsí se vive a pandemia no comedor de San Froilán: "o máis...

Así se vive a pandemia no comedor de San Froilán: “o máis imprescindible é comer”

"Polo menos que non lles falte un pouco de alimento que levarse á boca. É o imprescindible e o máis urxente", di Miguel Gómez, o seu responsable.

PUBLICADA O

Segundo o último informe anual publicado pola ONG Oxfam Intermón, que trata sobre a desigualdade en España, a comunidade autónoma galega rematou o ano 2020 cunha tasa de pobreza do 22,6 por cento, fronte ao 20,4% que había antes da Covid-19.
O documento revela que, dos case 2,7 millóns de cidadáns galegos -2.698.763-, 612.310 persoas están na actualidade baixo o limiar da pobreza. Isto significa que Galicia sumou en 2020 case 60.000 -59.442- persoas máis en risco de exclusión social que o ano anterior, cando eran 552.868 persoas as que estaban nesta situación; o que equivale a un aumento do 10,8 % das persoas pobres na nosa comunidade.
Por isto, cada vez acoden máis persoas sen recursos e en risco de precariedade aos comedores sociais, lugares nos que dispoñen de alimentos para poder comer e dar de comer ás súas familias.
“Polo menos que non lles falte un pouco de alimento que levarse á boca. É o imprescindible e o máis urxente, e o comedor intenta dar resposta a esa necesidade“, defende Miguel Gómez, responsable do comedor San Froilán de Lugo.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...