InicioSociedadeHortensia deixa refachos de vento duns 120 km/h en Muras ou Cervantes

Hortensia deixa refachos de vento duns 120 km/h en Muras ou Cervantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

borrasca ‘Hortensia’ deixou ao seu paso por Galicia na madrugada do venres ventos que superaron os 110 quilómetros hora tanto en puntos da costa como do interior da comunidade, segundo recollen os medidores de Meteogalicia. En puntos por riba dos 900 metros, os refachos rozaron os 120 km/h. Foi o caso de Muras ou de Cervantes.

O refacho máximo da madrugada, na que toda Galicia permaneceu en aviso laranxa por vento, alerta que se manterá ao longo do día; rexistrouse en Xares –A Veiga– con 139,2 quilómetros hora, seguidos polo 134 km/h captados na cabeza de Manzaneda.

Pero o forte vento afectou a case toda a xeografía galega, tanto en puntos da costa —en Malpica chegouse aos 111,5 quilómetros hora–, como o interior, onde houbo refachos máximos de 126,5 quilómetros hora en Fornelos de Montes ou de 111,6 km/h en Avión.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...