InicioSociedadeOs casos de coronavirus medran en Lugo, aínda que a menor ritmo...

Os casos de coronavirus medran en Lugo, aínda que a menor ritmo ca no resto de Galicia

Os hospitais da provincia atenden 46 ingresos por Covid, catro menos ca onte, pero a nivel galego hai un 60% máis de pacientes na UCI ca hai unha semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 19 de xaneiro un total de 1.210 casos activos por coronavirus; isto é, 64 máis ca os contabilizados onte. Os contaxios mantéñense elevados, aínda que estables: nas últimas 24 horas confirmáronse 86 novos positivos a través de PCR, unha cifra similar á dos últimos días.

Diminúe, iso si, a presión asistencial nos hospitais da provincia, sendo a de Lugo a única área sanitaria galega que experimenta unha baixada no total de hospitalizacións por Covid-19. Fronte aos 50 ingresos de onte, hoxe cóntanse 46. O HULA atende 17 pacientes en planta e sete na UCI; o Hospital da Mariña, outros 17; e o de Monforte, cinco.

En canto ás vítimas mortais, o Sergas informa de 152. Á última hora da tarde de onte notificou o falecemento de dúas persoas usuarias da residencia de Xove, que se sumaban ás outras 22 mortes comunicadas no resto de Galicia.

Ata o momento, curáronse 7.090 persoas e realizáronse 141.992 PCR (683 onte).

GALICIA

A nivel galego a situación é moito máis preocupante. A comunidade ten un 60% máis de pacientes na UCI ca hai unha semana, período no que non se baixou do milleiro de novos positivos diarios. Podes consultar a información de ámbito autonómico no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...