InicioSociedadeFalece un usuario da residencia da Pastoriza que fora diagnosticado de coronavirus

Falece un usuario da residencia da Pastoriza que fora diagnosticado de coronavirus

O home, de 92 anos, é a vítima 149 da pandemia na provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 92 anos diagnosticado de coronavirus faleceu este domingo na residencia da Pastoriza, da que era usuario, segundo comunicaron a última hora deste mércores fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas). A provincia alcanza, así, os 149 falecementos relacionados coa pandemia.

Na residencia da Pastoriza, detectárase un gromo cunha decena de positivos o pasado 5 de xaneiro. Axiña se confirmaron máis casos e no día de hoxe, o Sergas e Política Social notificaban un total de 53 casos activos neste xeriátrico: 38 usuarios e 15 traballadores.

Canda este deceso, o Sergas tamén informou da morte doutras cinco persoas: unha muller de 84 anos no CHUAC; outra de 88 no hospital HM-Modelo Belén da Coruña; un home de 86 anos no Hospital de Verín; unha dona de 91 no CHOP; e un home de 100 anos que faleceu na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo, procedente da residencia Moledo. Todos eles tiñan patoloxías previas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...