InicioSociedadeSobe a presión hospitalaria na provincia, que tamén ten máis casos activos

Sobe a presión hospitalaria na provincia, que tamén ten máis casos activos

A área lucense é a única galega coa taxa de positividade por baixo do 5% recomendado pola OMS.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo segue medrando. Este martes 12 de xaneiro, o Sergas contabiliza 810 casos activos (32 máis ca onte) e informa dun lixeiro aumento da presión hospitalaria, ao pasar dos 24 aos 27 ingresos.

Se ben hai un paciente menos na UCI do HULA (dous, fronte aos tres de onte), Sanidade notifica a presenza doutras oito persoas ingresadas neste hospital. A elas hai que sumarlles outras catro que están a ser atendidos en Monforte, e os trece do Hospital da Mariña, a zona cuxa evolución máis preocupa.

Así mesmo, no conxunto da provincia confirmáronse 38 novos casos a través de PCR nas últimas 24 horas. Segundo Sanidade, a de Lugo é a única área galega coa taxa de positividade inferior ao 5%, tal como recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS). En concreto, o dato é do 4,5% de positivos.

Por outra banda, dende o inicio da pandemia faleceron 148 persoas diagnosticadas con Covid-19 en Lugo. Curáronse 6.815 e realizáronse 134.704 PCR (1.052 na última xornada).

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...

A Deputación colabora con Xuvenciencia no Campus Terra para fomentar a curiosidade científica entre os máis novos

  O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns...