InicioSociedadeTemperaturas xélidas en toda a provincia, arredor dos -6ºC

Temperaturas xélidas en toda a provincia, arredor dos -6ºC

A mínima rexistrouse en Sarria e Monforte, con 6'5 graos negativos. Na cidade de Lugo, os termómetros marcaron 5'8 graos baixo cero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O centro e o sur da provincia de Lugo amenceron este martes con temperaturas en negativo e unha xeada que obrigou os xestores da rede viaria a botar sal en zonas sombrías para evitar a formación de placas de xeo, especialmente perigosas nas áreas de montaña como consecuencia da neve que aínda pode verse en puntos altos.

Na cidade de Lugo, a estación meteorolóxica instalada no campus universitario mediu unha temperatura mínima de 5,8 graos baixo cero, inferior ás cotas máis baixas rexistradas durante o paso de ‘Filomena’.

Tamén se presenta moi fría a mañá na zona sur da provincia, dado que en Monforte de Lemos o termómetro chegou a baixar ata os 6,5 graos baixo cero, mentres que en Quiroga o mercurio caeu ata os 5,3 graos en negativo. Na comarca de Sarria a madrugada foi especialmente complicada, dado que nese municipio rexistrouse -xunto con Monforte- a mínima na provincia, unha temperatura de 6,5 graos baixo cero.

Na Terra Chá, todos os municipios amencían hoxe con temperaturas en negativo, pero destacaban os valores de Cospeito, con 5,8 graos baixo cero, ou Castro de Rei, con -5,5 graos. Na Montaña, o termómetro rexistrou unha mínima de 3 graos baixo cero en Pedrafita do Cebreiro, no alto do Poio.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...