InicioSociedadeLugo podería rexistrar o maior número de contaxios de Galicia pola cepa...

Lugo podería rexistrar o maior número de contaxios de Galicia pola cepa británica

Os seis casos de covid-19 da Mariña lucense son "compatibles" con esta variante, segundo a Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os seis casos de covid-19 da Mariña lucense son “compatibles” coa cepa británica, segundo fontes sanitarias consultadas por Europa Press.

Polo momento, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) só confirmou un caso desta cepa nunha paciente da área sanitaria de Santiago procedente do Reino Unido. Así o indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que ratificou que hai outro caso en estudo, ao que se suman os seis detectados na zona da Mariña lucense.

En relación a este último, precisou que se trata dun grupo familiar de cinco persoas de orixe inglesa, ademais dunha sexta persoa que é un contacto estreito. Tras realizarlles unha PCR, e dar positivo, estase á espera agora dun diagnóstico definitivo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...