InicioSociedadeA provincia de Lugo rexistra o maior incremento de casos covid de...

A provincia de Lugo rexistra o maior incremento de casos covid de Galicia

Pasa de sete a 41, segundo os últimos datos facilitados por Sanidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas 64 casos de coronavirus máis que na xornada anterior, cun aumento da presión hospitalaria debido ao incremento do número de ingresados, 17 persoas máis. A taxa de positividade descende ata o 6,9%, aínda que segue sendo alta.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade este luns. Son agora 353 as persoas hospitalizadas con diagnóstico de covid-19 nas sete áreas sanitarias galegas, fronte ás 336 dos datos facilitados o domingo. Deles, 58 atópanse na UCI, o mesmo número que hai 24 horas. En Lugo soben a 14 o hospitalizados –un máis– con tres deles en críticos –un menos–.

MÁIS POSITIVOS

En canto á detección de casos, Galicia sumou 277 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento respecto da xornada anterior, un total de 64. Tamén se incrementou o número de PCR, con 5.024 máis realizadas.

a área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte,rexistra o maior incremento de casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en relación á xornada anterior en Galicia. Pasa de sete a 41, segundo os últimos datos facilitados por Sanidade.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia volve presentar unha baixada, menos en Lugo. Nesta área hai 397, casos, 23 máis.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...