InicioSociedadeRepunta de casos activos e contaxios en Lugo cun novo aumento de...

Repunta de casos activos e contaxios en Lugo cun novo aumento de PCR

As hospitalizacións mantéñense estables, aínda que con menor presión nas UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tanto os casos activos como os positivos diarios de coronavirus presentan hoxe unha repunta na área sanitaria de Lugo, xusto ás portas do Nadal. Segundo os datos do Sergas, rexístranse 370 pacientes con infección activa (14 máis ca onte) e nas últimas 24 horas confirmáronse 34 novos positivos.

Pola contra, as hospitalizacións mantéñense estables e con menos presión na UCI do HULA, que hoxe atende a tres pacientes fronte aos catro de onte. O resto de ingresados (dez) permanecen en planta.

En canto aos falecementos, onte Sanidade non comunicou ningún relativo á área de Lugo, polo que a provincia continúa con 146 mortes. Con todo, o Sergas computa só 144 (non inclúe o deceso de dous usuarios de residencias que faleceron en Santiago de Compostela).

Por outra banda, ata o momento curáronse 6.360 persoas e realizáronse 120.792 PCR, o que supón que nesta última xornada se fixeron 1.206 probas (case 400 máis ca o día anterior e máis do dobre ca dous días antes).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

Deteñen un home en Portugal que fuxira dunha prisión en Lugo durante un permiso

A investigación do Grupo Operativo de Preveción da Delincuencia da Comisaría de Policía Nacional...

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...