InicioSociedadeA Xunta analiza a información que achegou Naturgy sobre os cortes eléctricos...

A Xunta analiza a información que achegou Naturgy sobre os cortes eléctricos no inicio de decembro

A compañía reimitiu os datos o pasado venres, último día de prazo, e agora Vicepresidencia pedirá informe á Xefatura Territorial de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta analiza a información que remitiu Naturgy o pasado venres (último día de prazo) sobre o corte de subministración eléctrica durante o temporal ‘Dora’, segundo informan fontes da Vicepresidencia do Goberno autonómico consultadas por Europa Press.

Despois desta análise “procederase a pedir informe á Xefatura Territorial de Lugo para que comprobe o estado de mantemento das instalacións de distribución naqueles municipios onde houbo cortes máis prolongados”.

Hai xa dúas semanas, a Xunta abriu un expediente informativo a UFD -distribuidora de electricidade de Naturgy- pola interrupción na subministración eléctrica en múltiples concellos da provincia de Lugo tras as nevadas do primeiro fin de semana de decembro.

Os ventos e as nevadas provocados polo temporal que afectou á comunidade galega, maioritariamente en zonas de montaña e de interior, provocou numerosas incidencias -a maioría rexistradas en Lugo- tanto nas estradas como na rede eléctrica, vinculadas a acumulacións de xeo e a caídas de árbores.

Unha vez que a Xunta estude a información achegada por Naturgy, determinarase se se puxo en risco a garantía de subministración ou se se xerou algún perigo ou dano grave para as persoas, bens ou medio ambiente. De ser así incoarase un expediente sancionador. 

SUBMINISTRACIÓN RECUPERADA “POR COMPLETO”

Pola súa banda, Naturgy, consultada por Europa Press, recalcou xa no seu día que a subministración eléctrica -de media tensión- repúxose “completamente” ás 22,30 horas daquel domingo. Esa fin de semana contabilizáronse ata 6.000 clientes sen luz, segundo datos da propia distribuidora. Non obstante, en dous núcleos da Fonsagrada aínda dependían de xeradores eléctricos cinco días despois.

A este respecto, a compañía destacou que, durante aquela fin de semana, mobilizou a máis de 100 traballadores e 30 vehículos para levar a cabo as reparacións en condicións “adversas”, con estradas cortadas pola neve e baixas temperaturas. Ademais, incidiu en que se mobilizaron grupos de xeradores para “axilizar as reposicións” do servizo afectado pola borrasca.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...