InicioSociedadeUnha berciana denuncia que non limpan a neve das estradas: "Lugo preocúpase...

Unha berciana denuncia que non limpan a neve das estradas: “Lugo preocúpase máis de nós ca León”

O relato da estudante dos Ancares leoneses volveuse viral en Twitter, onde criticou a "marxinación" que sofren as aldeas pequenas, ao tempo que reivindicou a anexión do Bierzo a Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O relato que compartiu en Twitter unha estudante do Bierzo fíxose viral ao denunciar publicamente as carencias e complicacións ás que se teñen que enfrontar na súa aldea cada vez que cae unha nevarada. A moza elevou a voz para criticar a “marxinación” á que as administracións públicas someten “a todas as aldeas case despoboadas”, unha situación que se agrava coas inclemencias meteorolóxicas.

Aínda que as fotos de paisaxes completamente brancas quedan ben bonitas, non é tanto así para quen sofre as consecuencias nas súas carnes. “Xa dende moi cativa comprendín dende as caras de meus pais que a neve era un problema”, escribe esta rapaza de Suárbol (Candín – León).

INCOMUNICADOS

Mesma opinión deben ter as decenas de familias de Baleira, Castroverde ou O Courel, que encadearon varios días sen subministro eléctrico esta fin de semana tras a chegada da borrasca Dora. “Cando nevaba podiamos estar sen ir a clases durante dúas semanas ou un mes, e non había a tecnoloxía e os medios como agora”, lembra.

“Recordo unha vez que meu pai, despois de levarme ao hospital, tivo que levarme ás costas baixando o porto dos Ancares cunha acumulación de neve de medio metro de altura”, prosegue, para axiña denunciar que “os funcionarios do concello de Candín non fixeron nunca nada por vir limpar as estradas”.

“SER PARTE DA PROVINCIA DE LUGO”

O relato continúa na mesma liña acusatoria para recriminar especialmente o abandono das administracións leonesas respecto das aldeas con poucos habitantes. Ademais, a estudante (@mvlberries en Twitter) rompe unha lanza a favor de Lugo e da anexión do Bierzo a territorio galego: “Case todos os servizos veñen de Lugo, así que aí vai tamén unha petición. Xa fomos parte de Galicia séculos atrás. Pedimos ser parte agora da provincia de Lugo, porque se preocupan de nós máis que a Deputación de León“.

O FÍO DE TWITTER

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...