Home Sociedade Aparecen catro mortos máis na residencia de Vilalba non contabilizados antes por un erro informático

Aparecen catro mortos máis na residencia de Vilalba non contabilizados antes por un erro informático

0
Aparecen catro mortos máis na residencia de Vilalba non contabilizados antes por un erro informático
Tres mulleres na porta dunha residencia / EP

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia eleváronse a 1.246, tras falecer nas últimas horas seis persoas diagnosticadas con covid-19, e informar a Xunta doutros catro falecidos da residencia de Vilalba do mes de novembro e decembro que non se contabilizaran ata agora por unha “incidencia informática”. 

Segundo os datos facilitados este mércores pola Consellería de Sanidade, trátase de tres homes e de sete mulleres. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Así, a Xunta informou da morte de tres mulleres de 82, 96 e 93 anos e dun home de 80 na Residencia Vilalba que faleceron entre a segunda quincena do mes de novembro e o que vai de decembro e que non foron comunicados “por mor dunha incidencia informática”.

Por outra banda, faleceron dúas persoas,  un home de 69 anos e outra muller de 93 no Chuac, na Coruña; outros dous no Chuf, de Ferrol, dúas mulleres de 91 e 94 anos e outras dúas persoas no Chuvi, de Vigo, un home de 86 e unha muller de 74.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here