InicioSociedadeLugo rexistra máis de 100 incidencias por mor da neve

Lugo rexistra máis de 100 incidencias por mor da neve

Representan un terzo de todas as rexistradas en Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Case 300 incidencias foron rexistradas en Galicia desde as 20,00 horas do xoves ata as 18,00 horas deste venres relacionadas co temporal que afecta a Galicia, con episodios de neve e tamén de ondada na costa.

Por provincias, a de Lugo foi a máis afectada, con 109 incidencias inscritas. A maior parte destas estiveron relacionadas con dificultades ocasionadas pola neve (162). Tamén as árbores ou gallas caídas nas estradas representan unha boa porcentaxe dos avisos xestionados (58).

Por concellos, oito incidentes tiveron lugar o Guntín, mentres que Palas de Reis e Sarria suman un total de seis cada un.

ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN

O 112 Galicia sinalou que as condicións meteorolóxicas adversas tamén puideron influír no número de accidentes rexistrados este venres, maioritariamente, sen feridos. En concreto, nas últimas horas, desde as 12,00 horas do mediodía ata as 18,00 horas desta tarde foron rexistrados un total de 40 accidentes, ningún deles de consideración.

Así mesmo, minutos antes das 16,00 horas, un muro caeu sobre un coche aparcado nun estacionamento municipal, na rúa Alcalde Manuel Portela, en Lugo, sen causar danos persoais.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...