InicioSociedadeDous proxectos biotecnolóxicos de Cospeito e Lugo optan aos Premios Bioga

Dous proxectos biotecnolóxicos de Cospeito e Lugo optan aos Premios Bioga

As compañías iBoneLab e Innogando compiten contra outras 19 empresas galegas nestes importantes galardóns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 21 proxectos compiten neste 2020 aos VIII Premios Bioga, convocados polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) para incentivar o desenvolvemento de iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía. Entre os candidatos, hai dous proxectos lucenses: IBoneLab , de Lugo capital; e Innogando , de Cospeito.

IBoneLab é unha compañía de Lugo especializada no estudo da integración de biomateriais en tecidos vivos. Pola súa parte, Innogando, con sede en Cospeito, desenvolve tecnoloxía informática que favorece o benestar dos animais nas explotacións gandeiras, ademais de facilitar a xestión dos propietarios de granxas.

Os Premios Bioga, que contan co apoio da Xunta a través da Axencia Galega de Innovación,  entregaranse o vindeiro 10 de decembro nunha gala con capacidade limitada e retransimisión virtual.  Distinguen tres modalidades: premio á empresa máis innovadora, premio á máis competitiva e premio á mellor idea empresarial neste 2020.

Completan a listaxe de candidatos Beta Implants (Salvaterra), BFlow (Santiago), Biopranaworld (Pontevedra), Chemosapiens (A Coruña), Creativigo (Vigo), DIVERSA (Santiago), EuroEspes (A Coruña), FlowReserve (Santiago), Galacteum (Melide), Gerifarma (A Coruña), Glecex (Ourense), Gurung Atlantic Blending Co (Ourense), KeyBiological (Vigo), Libera Bio (Santiago), Ozoaqua (Santiago), Ozovet (Santiago), Stelabus (Santiago) e Terapia Antimetastásica (A Coruña).

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...