InicioSociedadeA alta incidencia en Lugo está vinculada a dous gromos familiares cuns...

A alta incidencia en Lugo está vinculada a dous gromos familiares cuns cen positivos

O Sergas informa hoxe dunha nova baixada dos casos activos e dos novos positivos confirmados. Ademais, tamén descende a presión nos hospitais, con menos persoas en planta e nas UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción LX | Dous gromos de Covid-19 detectados en Lugo, que suman uns 100 casos activos, segundo confirmaron a EFE fontes do Sergas, volveron complicar a situación na capital nestas semanas, dado que provocaron un incremento da incidencia por número de habitantes a pesar das restricións decretadas.

As mesmas fontes confirmaron que ese centenar de casos está asociado a dous gromos de “orixe familiar”, en principio “acoutados”, aínda que seguen aparecendo positivos. De feito, precisan que eses focos sumaron casos positivos “desde hai” polo menos “unha semana”.

Segundo informa o Sergas, a incidencia do coronavirus na capital lucense deixou 315 casos diagnosticados no últimos catorce días, cunha incidencia superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.

ACTUALIZACIÓN DE DATOS

En canto aos datos ofrecidos diariamente polo Sergas, o número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixou ata os 1.060 este mércores, 25 menos ca onte. Ao tempo, tamén diminúe a cifra de contaxios detectados: nas últimas 24 horas confirmáronse 31 novos positivos a través de PCR, fronte aos 48 de onte.

Do total de positivos, hai 36 persoas ingresadas (onte eran 38) e baixa lixeiramente a presión na Unidade de Coidados Intensivos. En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 19 pacientes en planta e seis na UCI; o da Mariña, seis; e o de Monforte, 4.

No histórico da provincia documéntanse 120 falecidos logo dos dous decesos notificados onte por Sanidade: un home de 102 anos no hospital de Monforte e outro de 79 anos que morreu en Santiago, procedente da residencia San Salvador de Guntín.

Por outra banda, ata o momento curáronse 4.928 pacientes e fixéronse 100.725 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 665 probas. A taxa de positividade segue por riba do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. En Lugo, esta taxa sitúase no 6%.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, volven repuntar os positivos detectados por PCR en 24 horas (426 novos casos, 11 máis que os notificados un día atrás). Segundo se desprende da información publicada polo Sergas, arredor do 25% dos contaxios correspóndese coa área viguesa.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...