InicioSociedadeRedúcense os novos casos diarios, pero mantense a presión alta na UCI...

Redúcense os novos casos diarios, pero mantense a presión alta na UCI do HULA

Sete pacientes permanecen na unidade de críticos. Os casos activos baixan ata os 1.097, vinte menos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixa ata os 1.09720 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Redúcese tamén o número de contaxios: nas últimas 24 horas confirmáronse 38 novos positivos a través de PCR, fronte aos máis de cincuenta que se detectaron o sábado e o domingo de maneira individual. Non obstante, cómpre ollar estes datos con tino ao ser relativos á fin de semana.

Do total de contaxiados, 48 persoas permanecen hospitalizadas (igual ca onte). O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 26 pacientes en planta e sete na UCI; o da Mariña coida de 8; e o de Monforte, de 7.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 117 falecementos relacionados coa pandemia.  Ademais, ata o momento curáronse 4.713 pacientes e fixéronse 98.051 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 812 probas.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, os positivos diarios experimentaron un novo descenso por terceiro día consecutivo. En concreto, rexístranse baixadas no número de contaxios en todas as áreas agás en Pontevedra. En canto aos casoa activos, sitúanse nos 8.669 (159 menos).

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...