InicioSociedadeO grupo Ribera Salud compra o hospital Polusa

O grupo Ribera Salud compra o hospital Polusa

O grupo sanitario privado tamén xestiona o Povisa dende o 2019

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo Ribera Salud faise co control do Hospital Polusa, en Lugo, despois de que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) autorizara en primeira fase a operación de compra e xestión en exclusiva.

Ribera Salud, cuxo accionista maioritario é o grupo estadounidense Centene Corporation, entrou por primeira vez na sanidade galega en 2019 ao facerse con máis do 90% das accións do hospital Povisa, en Vigo. Tamén é concesionario de centros de saúde pública en Valencia e Madrid.

Segundo a CNMC, “non é previsible” que esta operación de compra “vaia supor un obstáculo á competencia efectiva nos mercados de asistencia sanitaria a pacientes públicos e privados, nin no de cesión ou aluguer de espazos sanitarios”. Asegura que “as partes prestan os seus servizos en distintas provincias, sendo a cota conxunta en Galicia inferior ao 35%, cunha adición de cota inferior ao 5%”.

Ademais, o órgano de Competencia apunta que existen competidores alternativos, tanto a nivel autonómico (Grupo HM Hospitais, Grupo Quirón, VITHAS, e outros hospitais privados), como a nivel provincial (Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes).

O pasado mes de xullo o grupo sanitario Ribera Salud xa informara dun acordo cun grupo maioritario de accionistas do Hospital Polusa. Os asesores que participaron nesta operación foron Deloitte (asesor financeiro) e Cuatrecasas (asesor legal).

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...