InicioSociedadeAs obras da segunda fase do polígono das Gándaras comezarán antes de...

As obras da segunda fase do polígono das Gándaras comezarán antes de final de ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que as obras da segunda fase de urbanización do polígono das Gándaras, en Lugo, comezarán antes de final de ano.

Nunha visita este venres, destacou que con esta ampliación disporase de case 90.000 metros cadrados nos que haberá dúas parcelas, unha praza pública e 500 prazas de aparcadoiro.

Tamén se traballa no proxecto sectorial do parque das Gándaras que se prevé aprobar o próximo mes. Este é o segundo polígono que adxudicou máis chan desde o inicio do programa de incentivos do Instituto Galego de Vivenda e Solo en 2015.

Pola súa parte, a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, pediulle á Xunta que sexa áxil na posta a disposición das parcelas do Polígono das Gándaras ás iniciativas empresariais que poidan interesarse para que Lugo non perda oportunidades económica.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

A Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e Emprego

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Deputado de Promoción Económica...