InicioSociedadeImplantado de novo o teletraballo no Concello de Lugo tras varios positivos

Implantado de novo o teletraballo no Concello de Lugo tras varios positivos

Segundo informou o Concello, a decisión do equipo de goberno chega despois de que se rexistraran varios casos positivos de covid en diferentes dependencias municipais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O persoal do Concello de Lugo regresará, a partir do luns, ao teletraballo. A edil de Gobernación, Paula Alvarellos, asinou este xoves un decreto regulando a prestación de servizos baixo esta modalidade para que os empregados públicos poidan exercer as súas funcións desde os seus domicilios particulares, protexendo a súa saúde á vez que se garante o normal funcionamento da administración local en todos os seus ámbitos de actuación.

Segundo informou o Concello, a decisión do equipo de goberno chega despois de que se rexistraran varios casos positivos de covid en diferentes dependencias municipais.

“Tras a detección destes contaxios e, tendo en conta a evolución que está a seguir a pandemia na cidade, pareceunos oportuno e mesmo aconsellable implantar de novo o sistema de teletrabajo co fin de compatibilizar a seguridade do persoal coa actividade prestacional á cidadanía“, dixo a edil.

Así, só continuarán no seu posto os efectivos daquelas áreas que teñen que desenvolver un labor eminentemente presencial como pode ser o caso de Benestar Social, Fogar do Transeúnte, Rexistro, Cemiterio, Policía Local ou Bombeiros.

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...