InicioSociedadeLugo, en alerta 2 polo aumento de casos de covid

Lugo, en alerta 2 polo aumento de casos de covid

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo consta no mapa que fai público a Consellería de Sanidade na páxina web de información do coronavirus, este domingo están en alerta vermella por detectar máis de 21 casos activos na última semana Ames, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Monterrei e Verín.

Ademais destes, tamén Ourense e Santiago están no nivel 3, as únicas dúas urbes en alerta máxima. Con todo, ao ser municipios de máis de 50.000 habitantes, os valores para determinar a súa alerta máxima non son de máis de 21 casos, senón maiores.

En situación 2, é dicir, en cor laranxa do ‘semáforo’ do mapa, hai 15 municipios –o domingo eran 12: A Coruña, Culleredo, A Laracha, Narón, Oleiros, Porto do Son, Santiago, Lugo, Xinzo de Limia, Ribadavia, Celanova, Tomiño, Pontevedra, Marín, Vilagarcía e Vigo.

Todos eles, fóra das cidades (Vigo, Pontevedra, Lugo e A Coruña), contabilizaron entre 14 e 21 casos novos de coronavirus nos últimos sete días.

No caso da urbe olívica, entrar no nivel laranxa significa que se rexistraron entre 166 e 332 casos; na Coruña, entre 138 e 276; en Lugo, entre 56 e 112; e en Pontevedra, de 48 a 96 PCR positivas nunha semana. Na listaxe do nivel 2 entraron este luns Oleiros, A Laracha, Porto do Son, Vigo e Celanova por empeorar a incidencia, mentres que Narón fíxoo por mellorala, xa que se atopaba no nivel 3.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...