InicioSociedadeDous novos falecidos por Covid en Lugo nas últimas horas

Dous novos falecidos por Covid en Lugo nas últimas horas

Os dous proceden da residencia de Outeiro de Rei que suma xa 13 falecidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Outras tres mortes en hospitais galegos, dúas delas ligadas ao brote da residencia DomusVi de Outeiro de Rei e a terceira á residencia Orpea de Culleredo, elevaron a 710 as vítimas mortais en Galicia diagnosticadas con COVID-19 desde o inicio da pandemia.

En concreto, as autoridades sanitarias galegas informaron este sábado de que perderon a vida un home de 93 anos ingresado no hospital privado Polusa de Lugo e unha muller de 85 que permanecía no Hospital Lucus Augusti (HULA). Ambos tiñan patoloxías previas e eran usuarios do centro de Oteiro de Rei, que rexistra un brote con 136 casos.

91 FALECIDOS NA ‘NOVA NORMALIDADE’

Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 91, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. É dicir, están morrendo desde ese día máis de dúas persoas por día.

Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus. Este mércores, Galicia superaba os 700 falecidos. O maior balance de mortos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...