InicioSociedadeUnha nova senda en Lugo na saída cara a Portomarín permitirá o...

Unha nova senda en Lugo na saída cara a Portomarín permitirá o desprazamento seguro dos peóns

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha nova senda en Lugo na saída cara a Portomarín, entre o empalme coa antiga estrada a Santiago e Toiriz, no acceso á igrexa de Piugos, permitirá o desprazamento seguro dos peóns. Situada na estrada LU-621, esta senda xa está ao servizo dos veciños, segundo destacou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante unha visita este venres.

Vázquez reivindicou o incremento de seguridade na contorna desta vía, con máis de 3.000 vehículos ao día e con vivendas ás marxes. Ademais, destacou a colocación de dúas marquesiñas nas paradas de autobús para ofrecer protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas.

A intervención nesta zona, que supuxo un desembolso de case 523.000 euros, segundo sinala a consellería, tamén contemplou o acondicionamento dunha fonte de auga, que se integrou nunha estrutura en forma de monólito dotada de escaleiras.

O itinerario forma parte do plan de senllas da comarca de Lugo, que recolle a execución de seis senllas cun investimento da Xunta de case 3 millóns.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...