InicioSociedadeO SLG pídelle ao Concello de Guitiriz que pague os danos do...

O SLG pídelle ao Concello de Guitiriz que pague os danos do tractor incendiado

Un informe da Axencia Galega de Emerxencias demostrou que a alcaldesa de Guitiriz mintiu nas súas declaracións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Dende o SLG, reclamamos que a alcaldesa, como máxima representante do consistorio, asuma responsabilidades e destine unha partida económica a cargo das arcas municipais para cubrir as perdas ocasionadas“. É a petición que fai o Sindicato Labrego Galego ao Concello de Guitiriz por “omisión de socorro” por parte dos servizos de emerxencia de Guitiriz cando foron alertados de que se producira un incendio nun tractor en Labrada.

A alcaldesa, despois do sucedido, fixo declaracións a diferentes medios onde desmentía a versión dos feitos e afirmou que o persoal municipal do Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia en Guitiriz non foi avisado. A alcaldesa rematou culpando de “falta de coordinación” aos servizos de emerxencias e cualificando de “moi graves” as acusacións do SLG.

Un informe de Axencia Galega de Emerxencias, dependente da Vicepresidencia da Xunta, demostra que unha vez constatado que os bombeiros de Vilalba quedaban demasiado lonxe e que os seus vehículos non eran os idóneos para acceder ao lugar do suceso, ao tentar contactar coas autoridades locais dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112, deron aviso á Agrupación de Protección Civil de Guitiriz e se toparon co contestador automático da Policía Local. Ao pouco, recibiron a contestación de Protección Civil para informarlles de que “non hai persoal do Concello para saír ao incendio”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...