InicioSociedadeO Concello de Outeiro de Rei intensifica a desinfección tras o positivo...

O Concello de Outeiro de Rei intensifica a desinfección tras o positivo de dous empregados da residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Outeiro de Rei, o popular José Pardo Lombo, destacou que o Concello intensificará a desinfección tras o positivo detectado entre dous traballadores da residencia de maiores desta localidade.

O rexedor mostrou a súa “preocupación” ante dous positivos por COVID-19 entre os traballadores da residencia de maiores DomusVi situada neste municipio. Pardo Lombao puntualizou que “calquera tipo de positivo sempre é preocupante”. “É un tema imprevisible, en que non sabemos como acaban estas cousas”, abundou.

Con todo, o rexedor ten a “esperanza” de que se “resolva ben, aínda que ultimamente danse moitos contaxios moitos deles, afortunadamente, son pouco graves”, sinalou. “Volveremos ao tema da desinfección, que fixemos polas rúas e evidentemente concienciar o máximo posible aos veciños de que tomen medidas como gardar a distancia de seguridade, uso da máscara e de hidroxeles”, subliñou.

“Imos intensificar máis a desinfección nas rúas, que xa fixemos na primeira onda. Nós o que facemos é seguir as recomendacións das autoridades sanitarias”, concluíu.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...