InicioSociedadeO positivo dun xornaleiro no municipio de Castro de Rei leva a...

O positivo dun xornaleiro no municipio de Castro de Rei leva a illar a 50 persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo caso positivo por coronavirus no municipio lucense de Castro de Rei levou a illar a unhas 50 persoas á espera de realizar as pertinentes.

Segundo fontes consultadas, este caso positivo corresponde a un xornaleiro que traballa na zona. Tras a aparición deste, hai máis de 50 persoas illadas á espera de realizar as probas PCR, moitas delas traballan coa persoa infectada.

Por parte do Servizo Galego de Saúde aclararon que “non hai ningún brote no municipio de Castro” de Rei, senón que só se trata ” dun caso illado”. Así, afirmaron que “todos os contactos” en relación a este caso “están illados” e “baixo control” mentres se lle realizan as probas PCR. A persoa infectada vive en Castro Ribeiras de Lea e traballa como xornaleiro no municipio de Castro de Rei.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...