InicioLugo e contornaLugoCondenado a 9 anos e 9 meses de cárcere un home que...

Condenado a 9 anos e 9 meses de cárcere un home que abusou dos seus dous fillos en Lugo

Comezou a abusar deles cando se divorciou da nai. Tamén mallaba no rapaz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi condenado a nove anos e nove meses de cárcere por abusar sexualmente dos seus dous fillos, un neno e unha nena, tras divorciarse da nai; así como por maltratar ao menor, ao que lle pegaba “patadas e labazadas” desde a infancia.

Nunha sentenza con data de do 27 de xullo despois do xuízo celebrado a principios de mes, a Audiencia Provincial de Lugo considera probado que en 2018 o home aproveitou que a súa filla durmía con el para baixarlle a roupa interior e tocarlle as súas partes íntimas.

Ademais, segundo o fallo, noutra ocasión, cando durmía co menor, “tocoulle o cu en reiteradas ocasións, apartando para iso a roupa que este levaba posta”.

O tribunal, ademais, considera probado que, as múltiples ocasións, propinoulle “labazadas e patadas” ao menor, mesmo “cando estaba no chan”. Unha situación que lle produciu ao neno unha afectación emocional respecto do acusado, así como unha alteración de conduta.

A Audiencia Provincial considera que estes feitos son constitutivos dun delito de malos tratos habituais, polo que lle impón unha pena dun ano e nove meses; así como de dous delitos de abusos sexuais a menores, polos que se lle condena a catro anos e un día de cárcere por cada un deles.

Ademais, o home deberá indemnizar a cada un dos seus fillos con 2.000 euros en concepto de danos morais.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...