InicioSociedadeA Policía Local propuxo case catrocentas sancións durante o estado de alarma

A Policía Local propuxo case catrocentas sancións durante o estado de alarma

O control policial aos locais da hostalaría saldouse, no primeiro semestre do ano, con 35 denuncias e o peche de catro establecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou, desde o 14 de marzo, no marco do estado de alarma e o confinamento decretado polo coronavirus, un total de 7.104 vehículos. Ademais, identificouse a 3.987 persoas, cun resultado final de 8 detidos e 389 propostas de sanción por infracción da Lei Orgánica de Protección á Seguridade Cidadá.

Os datos concretáronse este xoves nunha comparecencia conxunta da alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e do inspector da Xefatura da Policía Local, Jesús Piñeiro, para facer un balance das intervencións desenvolvidas por este Corpo nos últimos meses.

O inspector engadiu que, desde que a Xunta activou a situación de emerxencia sanitaria levantáronse 33 actas por non usar a máscara sen manter a distancia interpersoal, tres actas por superar o aforamento establecido en locais hostaleiros e outro catro actas por permitir fumar no seu interior.

Ademais, o control policial aos locais da hostalaría saldouse, no primeiro semestre do ano, con 35 denuncias e o peche de catro establecementos.

RECOÑECEMENTO DO LABOR

Na súa intervención, a alcaldesa destacou que os policías locais de Lugo puxeron “en risco a súa saúde” nun momento “moi complicado” para velar pola seguridade “de toda a cidadanía”, aínda que, ao tempo, defendeu que en Lugo “o comportamento cidadán foi exemplar”.

Lara Méndez engadiu que a Policía Local de Lugo “tivo que facer máis con menos” xa que houbo unha “perda de efectivos nos últimos anos” que agora están a tentar emendar, “con 50 novas incorporacións”, 22 xa se produciron, e o resto están previstas antes de finais de ano. Para a rexedora, os policías locais “foron moi efectivos”.

En canto ás sancións na nova normalidade, Méndez destacou que desde o Concello de Lugo serase “contundentes con quen incumpra as normas” porque, segundo a rexedora, “hai que facer cumprir a lei”.

ÚLTIMAS

Novos desprendementos nos xulgados de Lugo por filtracións de auga

As filtracións de auga no edificio dos xulgados de Lugo continúan causando estragos con...

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...

O PP sinala a Arroxo por aproveitar a ausencia do alcalde para pagar sancións por verteduras

O Partido Popular de Lugo acusou ao tenente de alcalde nacionalista, Rubén Arroxo, de...