Home A Ulloa O brote da Mariña segue espallándose e xa afecta a 59 persoas

O brote da Mariña segue espallándose e xa afecta a 59 persoas

0
O brote da Mariña segue espallándose e xa afecta a 59 persoas
Entrada de Urxencias do Hospital da Costa. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou este venres doce casos máis de persoas afectadas por coronavirus no brote da Mariña Lucense, o que eleva a 59 o número total de positivos detectados.

Dos 59 casos positivos, expón a Consellería de Sanidade, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

HOSPITALIZACIÓNS

Dúas persoas con Covid-19, un home residente en Burela e unha muller que segundo o Sergas foi hospitalizada por outras patoloxías, dando positivo na proba PCR, están ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é “favorable“. A estas dúas persoas ingresadas habería que engadir unha terceira, que permanece en planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), tamén con positivo en coronavirus.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here