InicioSociedadeMedran os focos de coronavirus do norte da provincia

Medran os focos de coronavirus do norte da provincia

Sanidade confirma catro novos positivos na Mariña, de maneira que os casos activos na provincia ascenderían a 38.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou outros catro novos positivos de coronavirus na Mariña Lucense, onde constatou a existencia de dous focos da doenza, en Xove e Burela, aínda que hai infectados en varios municipios da bisbarra. Deste xeito, o número de casos activos na comarca ascende a 22.

Os novos casos son froito dos rastrexos e teñen polo tanto “relación” cos dous núcleos localizados, segundo confirman fontes do Sergas.

A Consellería de Sanidade expón que as probas realizadas a partir de detectarse o primeiro caso de infección por Covid-19 na Mariña, o pasado martes nun núcleo familiar de Xove, “superan as 200. Nestes momentos, aínda hai estudos pendentes de obter o resultado, ao tempo que se seguen a facer máis probas aos contactos xurdidos dos novos casos”, indica.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...