InicioSociedadePecha o albergue provisional montado no Pavillón dos Deportes para as persoas...

Pecha o albergue provisional montado no Pavillón dos Deportes para as persoas sen fogar

Case oitenta persoas refuxiáronse nestas instalacións durante o estado de alarma, xa que o Fogar do Transeúnte non podía garantir unha correcta seguridade na atención dos usuarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo pechou esta fin de semana o albergue que montara no Pavillón Municipal dos Deportes para acoller de maneira provisional as persoas sen teito durante a pandemia.

O goberno local habilitara estas instalacións o  27 de marzo, dado que o Fogar do Transeúnte estaba “desbordado” e facíase moi complicado atender a toda a xente en condicións de seguridade. En total, o pavillón acolleu 77 persoas sen fogar de Lugo, pero tamén doutras cidades como Santiago, Ourense, A Coruña, Bilbao ou Madrid.

Agora, coa mobilidade recuperada, o Concello explica que moitos dos usuarios volverán ao seu lugar de orixe, así que o Fogar do Transeúnte xa poderá dar cobertura aos usuarios habituais.

Así, o persoal do Concello recolleu todo o equipamento instalado no pavillón, xestionado neste tempo por un equipo de Cruz Vermella e voluntarios. Agora agárdase que estas instalacións poidan restablecer o seu uso deportivo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...