InicioSociedadeAs obras de ampliación dos IES Sanxillao e Muralla Romana estenderanse durante...

As obras de ampliación dos IES Sanxillao e Muralla Romana estenderanse durante o vindeiro curso

O proxecto contempla a anexión dun novo edificio no Sanxillao que acollería aulas de talleres e obradoiros para os ciclos profesionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe a licitación das obras de ampliación dos IES Sanxillao e Muralla Romana, ambos na cidade de Lugo. Entre os dous suman un orzamento de máis de 2,4 millóns de euros para unhas obras que comezarán no verán e que se prolongarán durante o vindeiro curso escolar.

Por un lado, a ampliación do Sanxillao contará cun presuposto de case dous millóns de euros. A cantidade responde ao proxecto de levantamento dun novo edificio sobre a pista deportiva do centro, algo que non impediría que esta zona se seguise usando xa que este novo espazo estaría conectado co segundo andar do edificio xa existente.

Esta infraestrutura acollería talleres e obradoiros para os ciclos de Hostalaría e Turismo, debido á limitación de espazos que había ata o momento. Así, no vello edificio redistribuiranse as áreas de xeito que se colocarán duchas individuais e taquillas no corredor de acceso na planta baixa. No primeiro andar, haberá unha aula de cata e outra polivalente; no segundo, crearase un almacén e reformarase o distribuidor de acceso.

TALLERES PARA PEITEADO E ESTÉTICA

No caso do IES  Muralla Romana, cun orzamento de licitación de 517.293,97 €, habilitarase no actual ximnasio un espazo de taller e aulas que lles poida servir aos distintos ciclos da familia profesional de Peiteado e Estética, así como outros espazos auxiliares como aulas e almacéns.

Para iso illarase a fachada mediante sistema SATE, abriranse novas fiestras para acadar unha maior iluminación e illarase a cuberta mediante la de roca adherida polo interior. Neste espazo colocaranse luminarias de alta eficiencia enerxética, con reguladores e detectores de presenza nas zonas comúns e instalarase, ademais, sistema de calefacción por radiadores.

Esta reforma fai necesario habilitar outro espazo de ximnasio, para o que se adaptará o actual polideportivo cuberto, pechándoo polos laterais. Ademais crearanse dous vestiarios, un almacén, un despacho e un baño accesible. Para conectar o actual edificio do IES Muralla Romana de Lugo co futuro ximnasio crearase unha rampla. A actuación inclúe tamén o pintado da chapa da cuberta deste IES.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...