InicioSociedadeOs hospitais de Lugo agradecen a axuda altruísta de máis dun cento...

Os hospitais de Lugo agradecen a axuda altruísta de máis dun cento de entidades

Elaboraron un mural no que citan a todas as empresas privadas, colexios ou organizacións sen ánimo de lucro que, dun xeito ou outro, amosaron a súa solidariedade durante a pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Os hospitais públicos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos elaboraron un mural no que, baixo o título “Moitas grazas pola solidaridade social”, agradecen a empresas e entidades que colaboraron de forma altruísta cos tres centros hospitalarios para superar a situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus.

O mural será exposto en zonas visibles dos centros e nel aparecen citadas todas as entidades que, dun modo ou outro, colaboraron co HULA, co Hospital Público da Mariña e co de Monforte de Lemos.

En total, son máis dun cento de entidades, entre empresas privadas de diferentes ámbitos, cadeas de distribución e marcas de alimentación, colectivos sen ánimo de lucro, organizacións sectoriais, centros educativos e institucións públicas.

Ata barberías, empresas de enerxía renovable e escolas de baile figuran nesa lista de entidades que, de modo altruísta, axudaron ao servizo de sanidade pública durante a pandemia. EFE

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...