InicioSociedadeOs casos activos descenden a 37 aínda que o HULA suma unha...

Os casos activos descenden a 37 aínda que o HULA suma unha hospitalización

O hospital lugués atende agora dous pacientes con positivo en coronavirus, ningún deles na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa de 37 casos activos na área de Lugo este venres 5 de xuño, o que supón un menos ca onte. Hai, en cambio, un lixeiro aumento nas hospitalizacións, ao pasar o HULA de acoller un só positivo en planta a atender agora a outro máis.

Pola súa parte, as Unidades de Coidados Intensivos seguen libres de pacientes con COVID-19. Hai, iso si, 35 persoas con positivo en coronavirus que están a ser atendidos nos seus domicilios.

Ata o día de hoxe, faleceron 28 cidadáns na provincia por mor da pandemia. Recuperáronse da enfermidade 888 persoas, segundo o Sergas.

GALICIA

Na comunidade galega, os positivos reducíronse a 563 (-6 respecto dos contabilizados onte). A área de Vigo segue á cabeza en total de casos activos e a de Pontevedra, á cola. En canto aos pacientes, hai unha persoa que permanece na UCI, 26 en unidades de hospitalización e 536 na casa.

O balance histórico dende o inicio da pandemia revela 618 falecementos e 10.178 curacións.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...