InicioSociedadeSó un paciente de coronavirus na UCI do HULA mentres baixan os...

Só un paciente de coronavirus na UCI do HULA mentres baixan os casos en Lugo

Sanidade informa de 49 positivos activos na área lucense, dous menos ca na xornada de onte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa de que a área sanitaria de Lugo rexistra este venres 29 de maio 49 casos activos por coronavirus, dous menos ca onte. Este novo descenso no cómputo total vén acompañado tamén doutra boa noticia: a Unidade de Coidados Intensivos do HULA xa só atende un paciente con COVID-19.

No día de onte, igual ca nas últimas xornadas, o Hospital Universitario Lucus Augusti contabilizaba dous enfermos de coronavirus na UCI. Hoxe, xa só é un tras pasar un deles a planta. Así, o reconto oficial recolle unha persoa na unidade de críticos, tres en hospitalización, e 45 no seu domicilio.

No histórico da provincia, o Sergas sinala que xa se recuperaron 871 persoas que pasaron a doenza. Non hai novidades no número de vítimas mortais (27), que se mantén invariable dende hai máis de tres semanas.

GALICIA

Tamén na comunidade galega seguen minguando os casos activos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de 773 este venres 29 de maio, 26 menos ca no día de onte.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 731 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.896 persoas curadas e rexistráronse 615 falecementos.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...