InicioSociedadeA pandemia vai a menos en Lugo: só catro pacientes na Uci...

A pandemia vai a menos en Lugo: só catro pacientes na Uci e outro en planta

Sanidade rexistrou un total de 161 casos activos este domingo 10 de maio, cinco menos ca o sábado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade contabiliza este domingo 10 de maio un total de 161 casos activos por coronavirus (-5) na área sanitaria de Lugo, nunha xornada na que baixa a presión hospitalaria. 

Restan catro persoas ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos, pero tan só unha nas plantas de hospitalización. Trala alta do patrón do Notre Dame, que estaba ingresado no Hospital da Mariña, os datos oficiais revelan que tan só o HULA continúa cun paciente en planta.

Ademais, 156 persoas (-4) están a ser atendidas a domicilio, mentres que a cifra de “curacións” que manexa o Sergas segue a engrosar. Xa serían 715 as persoas que superaron o coronavirus, en base a estes datos de Sanidade.

Asemade, non se rexistrou ningún novo falecemento na provincia, polo que as vítimas mortais se manteñen en 27.

GALICIA

Na comunidade galega, os casos activos de coronavirus minguan en 55, ata situarse nos 2.703 este domingo. As 122 altas contabilizadas superaron o número dos contaxios detectados nesta última xornada. Desta maneira, xa son 7.347 as persoas que superaron a enfermidade, mentres que os falecementos ascenden a 593 perderon a vida desde o inicio da pandemia en Galicia. Delas, 269 eran maiores que vivían en residencias.

ÚLTIMAS

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...

O Arde Lucus celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de 2026 cunha volta aos seus inicios

O Arde Lucus de Lugo celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de...

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali ou Guadi Galego, primeiros confirmados do cartel das festas do San Froilán

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali, El Consorcio e, entre outros, Guadi Galego, únense ao...