InicioSociedadeOs refachos de vento superaron os 80km/h en Abadín e en Baleira...

Os refachos de vento superaron os 80km/h en Abadín e en Baleira durante este xoves

As localidades costeiras notaron especialmente a forte intensidade coa que soprou o vento nas primeiras horas deste xoves 30 de abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este xoves 30 de abril comezou por fortes refachos de vento por todo o litoral galego, pero tamén se deixou notar con forza en localidades do interior de Lugo, como Abadín, onde o vento case alcanzou os 90 quilómetros por hora nas primeiras horas do xoves.

En concreto, no concello de Abadín rexistráronse refachos de 88,9 quilómetros por hora. Mentres, en Baleira chegaron aos 82,2 e en Navia de Suarna aos 77,4.

Máis afectado estivo, por exemplo, Viveiro, onde o refacho de intensidade máxima superou os 113 quilómetros por hora.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...