InicioSociedadeUn xulgado de Lugo négalle a un colaborador da USC o complemento...

Un xulgado de Lugo négalle a un colaborador da USC o complemento salarial polo seu traballo docente

A CIG-Ensino considérao "inxusto" e denuncia a "evidente discriminación salarial" do PDI das universidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado contencioso administrativo nº 1 de Lugo denegou o dereito a un profesor colaborador da Universidade de Santiago de Compostela a percibir o complemento salarial de recoñecemento do traballo docente.

Unha sentenza “de xeito evidente inxusta”, denunciou a CIG- Ensino, quen lamenta con todo que vai “nunha liña de actuación” marcada pola “discriminación” salarial que sofren as figuras de PDI non funcionario nin contratado doutor.

O sindicato instou á Xunta a que execute unha revisión da normativa para “poñerlle fin ás penalizacións económicas” que sofre este colectivo. En concreto, do Decreto 55/2004 establece as retribucións adicionais ligadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

DOCENTES E INVESTIGADORES “DISCRIMINADOS”

A CIG explicou que, a pesar de que a xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza da UE, “prohibe o tratamento diferenciado nas condicións de traballo ás persoas que teñan un contrato de duración determinado”, salvo razóns obxectivas, a Xunta mantén “unha interpretación restritiva” dos dereitos destes docentes a través desta norma.

Ademais do profesorado colaborador, vense afectados doutores, interinos e asociados, todas elas “figuras de contratación que realizan as mesmas funcións docentes e investigadoras”, pero que ven minguadas as súas condicións retributivas.

A CIG-Ensino presentou recursos reiteradamente contra as “denegacións sistemáticas” dos complementos autonómicos ás figuras do PDI e reclama a extensión deste dereito “a todo o profesorado sen excepción“, a pesar da súa modalidade de contratación.

Para iso, instan o goberno galego a abandonar a súa postura “firme”, a través da ACSUG, “en contra” dunha situación que afecta “a unha parte moi representativa” do profesorado. Reclaman ás tres universidades “que fagan unha fronte común” para que “se poña fin a esta discriminación”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...