InicioSociedadeVÍDEO | Un estudo científico data a chegada do coronavirus a Galicia...

VÍDEO | Un estudo científico data a chegada do coronavirus a Galicia no mes de febreiro

O 3 de marzo documentouse o primeiro caso na comunidade, o dunha persoa que chegaba desde Madrid, pero a investigación descarta que fose o paciente cero. Análises xenéticas recollidas na plataforma internacional NextStrain indican que hai xens de Galicia no inicio da pandemia en España, concretamente, nun dos tres focos de penetración detectados. O coronavirus pode estar presente no Estado xa desde xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

3 de marzo. Saltan as alarmas en Galicia. As probas realizadas a un home de 49 anos dan positivo. Acudira dous días antes ao Complexo Hospitalario da Coruña cunha neumonía vírica e o seu estado era xa grave. Chegara a Galicia dous días antes, o 29 de febreiro, de Madrid nun coche compartido para realizar unha entrevista de traballo en Inditex. A Xunta di que a situación “está controlada” por que o caso é importado e que o “virus non circula” por Galicia.

Mes e medio despois daquel primeiro caso, a situación en Galicia é moi diferente. Hai máis de 6.300 contaxiados e case 460 mortes este luns. Moitos contaxiados tras o gran foco que estoupou en Madrid. Pero, realmente, ese home ingresado o 3 de marzo de 2020 era o paciente 0 de Galicia?

ANTES DE MARZO

Grazas aos numerosos estudos que se están realizando nas ultimas semanas podemos saber que a COVID-19 estaba xa en Galicia antes dese suposto paciente 0, e tamén antes de marzo. Así o recolle, cando menos a información proporcionada por NextStrain, un proxecto de código aberto con información pública de hospitais e laboratorios de todo o mundo.  A plataforma, na que participa unha vintena de científicos, rastrexou as distintas mutacións do virus e creou unha árbore filoxénica en tempo real para determinar como se está propagando.

Pois, grazas a esta ferramenta, sabemos que había contaxiados en España xa en xaneiro e en Galicia, probablemente no mes de febreiro. Seguindo a secuenciado xenética da COVID-19, NextStrain, con datas que se remontan ás dúas últimas semanas de febreiro, debuxa un escenario de introdución do virus no conxunto do Estado en tres mutacións, dúas que viñan de China e Reino Unido a través de Valencia, cunha ramificación en Burgos, e outra que ten procedencia italiana pero que saltou desde Valencia a Madrid e Galicia.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...