InicioSociedadeNo CEIP Albeiros queren poder recuperar os libros de texto abandonados nas...

No CEIP Albeiros queren poder recuperar os libros de texto abandonados nas aulas

A ANPA deste centro lugués solicítalle á Xunta que dispoña un sistema para recoller o material, sen o cal o alumnado non pode seguir coa súa actividade académica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Albeiros, en Lugo, remitiu un escrito á delegación territorial da Consellería de Educación para solicitar que o organismo autonómico arbitre un sistema para que as familias poidan recoller os libros e o material escolar que os nenos e nenas deixaron no colexio cando se declarou o peche dos centros de ensino.

O presidente da ANPA, Lois Neto, en declaracións a Europa Press, trasladou “que os nenos necesitan o material escolar que teñen nos centros educativos para seguir coas súas actividades”. Por iso, reclaman que a Xunta busque “un sistema que permita recuperar ese material”.

O repentino peche dos centros de ensino provocou que moitos alumnos deixasen alí material, o que para o presidente da asociación está a causar dous problemas: “primeiro aos alumnos, porque non teñen os medios para poder seguir coas súas actividades; segundo, económico, xa que moitos pais ven na obrigación de imprimir o material na conxuntura da crise económica derivada da crise sanitaria”.

Desde a ANPA do CEIP Albeiros, ademais, “póñense ao dispor da Consellería para axudar da forma que estimen oportuna para que os nenos recuperen o material”.

AXUDA MUNICIPAL

Pola súa banda, o titular de Educación do Concello de Lugo, Felipe Rivas, ofreceu toda a súa colaboración para que os nenos poidan recuperar os seus libros de texto.

“Ofrecémonos a colaborar coa Xunta que é quen ten as competencias en educación”, esgrimiu, para engadir que o persoal municipal que traballa nos centros podería colaborar na preparación dos libros, e a Xunta, a través do seu parque móbil realizar a entrega.

ÚLTIMAS

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...