InicioSociedadeLugo é a provincia española con menor taxa de letalidade por coronavirus

Lugo é a provincia española con menor taxa de letalidade por coronavirus

O xerente do Sergas achaca isto á tardanza da enfermidade en Lugo, o que permitiu dispoñer de máis tempo para afrontarse a ela. Aos ollos de Ramón Ares, tamén influíu o alto número de probas realizadas, a dispersión da poboación ou a experiencia do Servizo de Xeriatría no control das persoas maiores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A provincia de Lugo ten a menor taxa de letalidade por coronavirus de toda España: un 3’1% fronte ao 10’4% da media estatal, segundo datos do 16 de abril. Tal porcentaxe sae ao poñer en relación o número de falecementos co total de positivos. Segundo o xerente do Sergas en Lugo, Ramón Ares, este dato pode deberse á tardanza da COVID-19 na provincia e á realización de máis probas, entre outras.

O feito de que Lugo teña a letalidade máis baixa de España non se explica só atendendo “a unha única causa”, pero Ares fai fincapé en que o coronavirus chegou á provincia “con certo atraso respecto a outras zonas” do país, o que “permitiu dispoñer de máis tempo” para preparar a resposta do sistema sanitario e “acondicionar estruturas”.

DISPERSIÓN E EXPERIENCIA DO SERVIZO DE XERIATRÍA

Posiblemente, explicou, “a circulación endémica do virus foi menor que noutros sitios”, tamén porque en Lugo non existen “grandes núcleos” habitados e a “poboación está máis dispersa”.

Ademais, aclarou que, precisamente por non “ter unha presión asistencial tan intensa” como outros lugares, o sistema de saúde puido “concentrar os recursos para atender os pacientes” e “traballar en mellores circunstancias”.

Outro aspecto que tamén puido influír, lembra, é “a monitoraxe a domicilio” que xa se estaba facendo dos pacientes crónicos. Iso permitiu “actuar máis rapidamente” ante determinados casos, subliñou. Do mesmo xeito, a “experiencia do servizo de Xeriatría” no “control das persoas maiores” axudou a adoptar “medidas con máis antelación”.

O feito de que “se fixeron moitas máis probas que noutros lugares” de España tamén inflúe nesa estatística.  Nese aspecto, Ares lembrou que o Sergas adoptou a decisión de “facer o maior número posible de probas de PCR nos hospitais, nas residencias” e nos círculos de persoas diagnosticadas de COVID-19 para realizar “unha procura activa de posibles infectados”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...