InicioSociedadeOs usuarios da residencia pechada na Fonsagrada permanecen no HULA á espera...

Os usuarios da residencia pechada na Fonsagrada permanecen no HULA á espera de ser recolocados

O Concello pide á Xunta información sobre as "medidas que vai tomar" Política Social para trasladar os 29 anciáns a outros centros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello da Fonsagrada atópase á espera de coñecer a recolocación de 29 persoas maiores tras o peche a semana pasada dunha residencia privada polas malas condicións dos anciáns nestas instalacións, con 23 prazas.

Así o explicou este luns o alcalde da Fonsagrada, Carlos López, en declaracións a Europa Press, quen confirmou que os 29 maiores permanecen, de momento, nunha planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo á espera de ser recolocados. Todos “están ben”, aínda que tres deles se manteñen hospitalizados.

O rexedor destacou que o Concello está “a facer xestións” coa Consellería de Política Social para saber “que pasos hai que dar” e para que os “informen das medidas que van tomar, se teñen pensado trasladalos e a que residencia”.

Respecto diso, o rexedor confirmou que os maiores desaloxados, procedentes de “varias provincias” galegas, “seguen no hospital“, onde “os situaron nunha sala para que estean xuntos”, abundou.  O alcalde explicou que familiares dalgúns dos maiores afectados “queren que queden na residencia pública da Fonsagrada”, en funcionamento desde febreiro e que conta con “27 prazas”, matizou.

FEITOS

O Goberno galego ordenou o peche cautelar das vivendas comunitarias Burón I e II, unha residencia privada situada no termo municipal da Fonsagrada, tras constatar as malas condicións das persoas maiores que se atopaban nesas instalacións.

A denuncia partiu dun informe emitido polos Servizos Sociais da Fonsagrada o pasado martes, no que se advertiu á Administración autonómica dunha posible situación de malos coidados aos residentes do centro e de diversas irregularidades, tanto nas condicións como na atención aos mesmos.

Ante a situación alertada no documento, a inspección de Servizos Sociais da Xunta desprazouse ao centro para corroborar os feitos sinalados na denuncia e tamén remitiu un aviso a corpo de Garda Civil.

Deste xeito, os efectivos desprazados constataron a situación na que se atopaban estes residentes, 29 anciáns nun centro con 23 prazas e en condicións inadecuadas, feitos que motivaron o peche inmediato das instalacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...