O número total de persoas infectadas por coronavirus dentro da área sanitaria de Lugo é de 571. Mentres o número de persoas falecidas é de 18. En número de persoas contaxiadas a área sanitaria lucense ocupa o penúltimo lugar e é a quinta en falecementos.
En total, o número de infectados por COVID-19 en Galicia ascendeu a 5.631, tras rexistrarse 80 casos novos. A pesar diso, as altas de pacientes tamén se incrementaron e xa ascenden a 997.
Tamén en toda Galicia, 149 persoas permanecen na UCI e 766 están en unidades de hospitalización, aínda que 4.716 están a ser atendidos no seu domicilio. Os test de coronavirus realizados en Galicia (PCR) ascenden a 39.432, segundo os datos de Sanidade.
Máis información en Galicia Confidencial.