InicioSociedadePrimeiros contaxios entre os traballadores das residencias da Milagrosa (Lugo) e Castro...

Primeiros contaxios entre os traballadores das residencias da Milagrosa (Lugo) e Castro Ribeiras de Lea

A Consellería de Política Social confirma cinco usuarios e doce traballadores diagnosticados por coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social vén de confirmar os novos casos de coronavirus activos nas residencias de maiores de toda a comunidade. Entre os diagnósticos recentes na provincia de Lugo, atópanse dúas persoas empregadas na residencia da Milagrosa (Lugo) e na de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei). 

Os casos de coronavirus en activo nas residencias galegas aumentaron nun 45% en 24 horas e xa se contabilizan 346 usuarios e 111 traballadores infectados con COVID-19. Na provincia de Lugo, a incidencia é bastante menor polo momento. Segundo Política Social, hai cinco maiores contaxiados (tres en Foz e dous en Monforte), mentres que o número de empregados diagnosticados ascende a doce (1 en Castro de Rei, 1 na Milagrosa, 1 en Burela, 7 en Foz, e 2 na DomusVi de Monforte).

PROBAS MASIVAS DE CORONAVIRUS

No centro de maiores de Foz, o máis golpeado, o Servizo Galego de Saúde fará finalmente a proba por coronavirus a todos os residentes e traballadores. A aplicación desta medida pódese estender a todas as residencias, segundo as últimas declaracións de Feijóo. “Chegaremos a todos os centros, empezando por aqueles nos que se detectaran casos. Faremos 800 test diarios”, asegurou, tras anunciarse o forte repunte de positivos nos xeriátricos.

CENTROS DE ATENCIÓN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Pola súa parte, nos Centros de Atención para Persoas con Discapacidade, os casos confirmados pola Xunta ascenden a 27 usuarios (sete deles en Sarria) e 7 traballadores (con casos activos en Sarria e Monforte).

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...