InicioSociedadeA Policía Nacional avisa sobre bulos en redes sociais

A Policía Nacional avisa sobre bulos en redes sociais

Citan o caso dun audio que motivou a apertura de dilixencias por parte da Fiscalía Provincial de Lugo por un presunto delito de inxurias contra autoridade ou funcionario público.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Comisario Principal da Policía Nacional José Ángel González advertiu este sábado en rolda de prensa telemática sobre a existencia de bulos ou noticias falsas que se propagan a través das redes sociais, como Facebook ou Whatsapp.

Como exemplo diso, o comisario citou o caso dun audio que motivou a apertura de dilixencias por parte da Fiscalía Provincial de Lugo por un presunto delito de inxurias contra autoridade ou funcionario público.

Nel, unha muller que se facía pasar por enfermeira do Hospital Lucus Augusti de Lugo aseguraba que chegara ao centro hospitalario “un autobús cheo de persoas con síntomas de estar contaxiados por COVID-19″, algo desmentido polo propio centro.

Durante a rolda de prensa, José Ángel González alertou que están a detectar prácticas de ‘phising’ ou timo a través de correo electrónico e outras vías que se están producindo estes días aproveitando a pandemia por coronavirus.

Así, detectáronse dous correos electrónicos que se enviaron de forma masiva convidando a descargar datos persoais e bancarios, usando o nome dunha entidade bancaria e da Axencia Tributaria.

Durante a mesma comparecencia, o xeneral de brigada da Garda Civil José Manuel Santiago Marín tamén advertiu doutro tipo de fraudes que foron detectados estes últimos días pola unidade especializada en Ciberdelincuencia do Instituto Armado, entre eles mensaxes masivas por ‘Whatsapp’ nos que se reclamaba diñeiro para a pandemia presuntamente reclamado pola OMS, Cruz Vermella ou o propio Goberno.

Tamén alertou de peticións de datos bancarios por SMS, dirixidos a traballadores, aducindo que a empresa aprobara un ERTE e era preciso enviar o número de conta para cobrar a nómina.

ACTUACIÓN FRONTE A BULOS

Por parte da Policía, González tamén informou do traballo fronte a bulos que crean alarma ao difundirse por redes sociais, e cuxos responsables son localizados e detidos polas súas actuacións “incívicas e irresponsables”.

Así, deu conta da detención dunha muller que gravou un audio no que alertaba da chegada dun autobús de infectados ao Hospital de Lugo, cuxo arresto levou a apertura de actuacións xudiciais; e dun caso similar en Dos Hermanas (Sevilla) que alertaba falsamente da morte de dous estudantes italianos nun colexio maior, o que creou alarma entre o resto de residentes e os seus familiares.

Por parte da Garda Civil, o xeneral de Brigada lamentou a morte onte polo coronavirus do tenente coronel de GAR, Jesús Gayoso, e deu conta das últimas actuacións do corpo en relación coa montaxe dunha carpa de illamento preventivo en Melilla e o traslado de falecidos polo covid-19.

Como exemplo de diversidade dos labores realizados estes días polos axentes, apuntou o servizo prestado por unha patrulla de Jacarilla (Alacante) ao comprar cinco bolsas de xeo para o hospital de Orihuela; así como o labor que o axente Rubén presta a un ancián de 80 anos que vive só nos Picos de Europa, e que debía desprazarse no seu vehículo diariamente para facer a compra.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...