InicioSociedadeDetido un veciño de Lugo por abusar sexualmente da filla da súa...

Detido un veciño de Lugo por abusar sexualmente da filla da súa parella

A nai da vítima denunciou os feitos estes xoves, tras enterarse do ocorrido dous anos atrás. A outra filla corroborou o sucedido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron un veciño de Lugo de 44 anos, con antecedentes, por un suposto delito de agresión sexual ao estar acusado de abusar da filla menor da súa parella no 2018.

Segundo informou a Policía Nacional, a nai da vítima denunciou os feitos na tarde deste xoves 26 de marzo, momento no que soubo do ocorrido dous anos atrás. A denunciante telefonou a dependencias da Policía Nacional e comunicou que a súa parella abusara da súa filla menor no ano 2018.

Tras entrevistárense os efectivos policiais coa denunciante, solicitaron a intervención do Grupo Especializado de UFAM, que se presentou no domicilio. Os policías comprobaron, daquela, que no ano 2018, mentres a nai da menor estaba fóra do domicilio, o padrastro supostamente abusara sexualmente dunha das fillas da súa parella.

A Policía Nacional explicou que os feitos foron corroborados pola irmá da vítima e puntualizou que as irmás non lle contaron nada á súa nai ata o día da denuncia.

Por este motivo procedeuse á detención do presunto autor e ao seu traslado a dependencias da Policía Nacional, antes de ser remitido á autoridade xudicial e a súa posta a disposición.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...