InicioSociedadeLugo ofrece hoteis para servir de hospitais aínda que hai dificultades para...

Lugo ofrece hoteis para servir de hospitais aínda que hai dificultades para atopalos preto de hospitais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hoteis galegos están a organizarse ante a posibilidade de converter algúns deles en hospitais e explican que xa se conta con alternativas en Lugo, Santiago, Vigo e Pontevedra, aos que proximamente se sumarán outras cidades.

E é que, a petición da Consellería de Cultura e Turismo, e en contacto coa Consellería de Sanidade, desde o Clúster de Turismo e as distintas asociacións provinciais solicitáronse datos, e séguese facendo, para tratar de determinar que hoteis poden adaptarse ás necesidades xeradas polo coronavirus.

Neste sentido, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, José Francisco Real, sinalou que solicitaron á Xunta unha petición por escrito, pero que no contacto telefónico realizado a distintos hoteis trasladáronlles a súa disposición a adaptarse ás necesidades que vaian xurdindo.

É máis difícil que estean preto do hospital“, recoñeceu polo feito de que a maioría estean no centro da cidade. Con todo, manifestou que “tres ou catro” poderían formar parte da iniciativa se se considera necesario. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...